InicioSucesosDetidos en Vigo por fracturar a mandíbula a un home para roubarlle...

Detidos en Vigo por fracturar a mandíbula a un home para roubarlle e golpear o seu amigo cunha botella

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo en Vigo a dous mozos de 18 e 20 anos residentes na cidade por, supostamente, fracturar a mandíbula a un home e romperlle varios dentes para roubarlle, así como por golpear o seu amigo cunha botella.

Segundo trasladaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na madrugada do pasado 30 de novembro, cando os mozos observaron como o home sacaba a súa carteira para pagar unhas consumicións nun local da rúa Pontevedra. Tras decatarse de que o miraban con atención, o home gardou a carteira nun peto do seu abrigo e abandonou o establecemento para reunirse cuns amigos noutro local próximo.

Nese momento, un dos mozos interceptouno, mentres un amigo do home que se achegou para preguntar que ocorría recibiu un golpe na cabeza cunha botella, polo que tivo que ser trasladado ao hospital. Pola súa banda, os dous mozos fuxiron do lugar á carreira.

Posteriormente, o home entrou no local para avisar aos seus amigos do que ocorrera e, pouco despois, abandonou o lugar coa súa parella. Mentres ambos camiñaban pola avenida García Barbón atopáronse cos dous mozos, que comezaron a golpealo ata derrubalo e subtraéronlle a carteira. Como consecuencia, este home tivo que ser trasladado a un hospital, onde foi intervido cirurxicamente.

Ademais, os policías tomaron declaración a varias testemuñas e iniciaron investigacións para poder identificar os agresores. Finalmente, este mércores pola tarde, localizáronos e detivéronos cando camiñaban pola contorna da rúa Camelias.

Tras trasladalos a comisaría, tomáronlles declaración e comprobaron que carecían de antecedentes policiais. Así mesmo, estes dous mozos e todo o actuado pasaron a disposición do xulgado de Instrución de Vigo en funcións de garda.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...