InicioPolíticaO alcalde denuncia que o Concello de Vigo sufraga o 30% do...

O alcalde denuncia que o Concello de Vigo sufraga o 30% do custo de dúas escolas e tres centros de día da Xunta

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que o Concello sufraga o 30 por cento dos gastos derivados do funcionamento de dúas escolas e tres centros de día da cidade de titularidade autonómica.

Caballero sinalou que o Executivo autonómico reclamou ao Concello 305.000 euros para “cofinanciar” os custos das escolas infantís de Valladares e Palencia, “que son exclusivas” do Goberno galego, o que tachou de “abuso de poder”.

Ademais, criticou que o Consistorio afronte un pago de 350.000 euros para sufragar parte dos custos dos centros de día de Teis, Coia e Valladares.

Ante esta situación, Caballero denunciou que o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, utilice a “maioría” absoluta obtida nas últimas eleccións autonómicas “en contra da cidade”.

CENTRO DE SAÚDE

Noutra orde de cousas, volveu reprobar que o centro de saúde do que disporá o barrio de Bouzas ocupará un espazo de 600 metros cadrados fronte aos 1.300 expostos inicialmente, así como que non contará con servizo de Pediatría.

A ese respecto, criticou que, dos 2,5 millóns de euros orzamentos cando se comezou a barallar o proxecto, só se investiron 1,3 millóns de euros e puxo en valor que o Concello destinase 700.000 euros á adquisición dos terreos nos que se situará o centro de saúde.

Por outra banda, o alcalde avanzou que esta semana se comunicará á concesionaria do abastecemento e o saneamento da auga que non se lle prorrogará a concesión e apuntou que xa se constituíu un comité técnico para a redacción dos pregos do novo contrato. Ademais, este xoves aprobarase a apertura do trámite de consulta pública para o novo regulamento do servizo.

ÚLTIMAS

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC),...

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...