InicioSociedadeNarcosubmarino, finalista do concurso da RAG para "palabra do ano"

Narcosubmarino, finalista do concurso da RAG para “palabra do ano”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os termos ecocidio, feminicidio, narcosubmarino, negociación, quecemento global e sentidiño son o seis termos finalistas que aspiran a converterse en ‘Palabra do Ano 2019‘, segundo informa a Real Academia Galega (RAG).

O público poderá participar na votación virtual que se manterá abertas ata as 23,59 horas do 25 de decembro a través do ‘Portal das Palabras‘, a web de divulgación do léxico galego da Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié.

Ambas as entidades animan á cidadanía a participar na elección colectiva “da voz que mellor resuma o ano a piques de terminar ou que desatasque un tema de especial relevancia nos últimos doce meses”, subliña a RAG.

A fase de recollida de suxestións pechouse o pasado domingo con case 7.000 achegas que sumaron unhas 400 palabras diferentes. Moitos delas reflicten “igual que as finalistas ecocidio, quecemento global e feminicidio, a crecente preocupación social polo dano ambiental provocado pola acción humana e pola desigualdade de xénero”.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...