InicioEconomíaA Xunta lembra a Ritz Carlton que "non lle é posible establecer...

A Xunta lembra a Ritz Carlton que “non lle é posible establecer axudas a fondo perdido” para terminar o seu cruceiro

O conselleiro de Economía entende que "a solución debe permitir afrontar o conxunto da carga de traballo do estaleiro".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia subliñou a “imposibilidade” de acceder á axuda millonaria e “a fondo perdido” que Ritz Carlton solicita para terminar o seu cruceiro e lembra que a solución á situación de Barreras ten que pasar algo que dunha resposta “integral” ao conxunto da carga de traballo.

“O estaleiro Barreiras ten nestes momentos unha situación na que, por unha banda, os accionistas deben dar unha resposta pero, sobre todo, o armador debe expor algo que sexa viable desde o punto de vista da estrutura financeira e da colaboración que pode trasladarlle a Xunta de Galicia”. Así o manifestou este martes o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, durante a súa visita a Ourense.

Desde o Goberno galego entenden que “se debe dar unha resposta integral a toda a carga de traballo que ten o estaleiro, (ademais do cruceiro ‘Evrima’, encargado por Ritz Carlton, o estaleiro vigués tiña contratos con Havila e o grupo Armas)”.

Por esta motivo a Xunta encargou unha Auditoría que “continúa traballando para ver cales son esas necesidades financeiras e establecer onde é posible axudar“.”Desde a Xunta seguimos traballando para estar na solución”, manifestou Conde. Unha resolución que “debe pasar por un compromiso por parte do estaleiro de desenvolver o conxunto da carga de traballo”, reiterou.

A Xunta “desde o primeiro momento” está a trasladar “a súa colaboración financeira“, sinalou Conde. “Fixémolo xa cando aprobamos a liña de préstamos orientados a precisamente á industria auxiliar para que poida acompañar ás necesidades de financiamento que ten a construción do cruceiro”, explicou.

ÚLTIMAS

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...

O xurado considera culpable de asasinato ao autor do crime de Coia pero ve atenuantes e as acusacións rebaixan penas

O tribunal de xurado encargado de axuizar o chamado crime de Coia, en Vigo,...

O TSXG esíxelle ao Concello de Vigo que o Nadal non perturbe a tranquilidade dunha veciña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou a continuación da execución da...