InicioSociedadeConflitos continuos no Hospital Álvaro Cunqueiro: as auxiliares de enfermaría esixen a...

Conflitos continuos no Hospital Álvaro Cunqueiro: as auxiliares de enfermaría esixen a dimisión do xerente

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cada día que pasa aumenta o malestar e a crispación do persoal do Álvaro Cunqueiro de Vigo, cun modelo de xestión privada polémico desde o primeiro día. Agora as que están en pé de guerra son as Técnicas/os en Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAE), que iniciaron peches e mobilizacións contra a decisión da Xerencia da EOXI de imporñerlles o transporte das bolsas da roupa sucia unha vez que a empresa concesionaria da limpeza deixou de facelo, pero hoxe sumáronse á súa loita traballadores/as de todas as categorías laborais do centro sanitario: enfermeiros/as, médicos/as, celadores/as, limpadores/as, etc.

Na mañá deste xoves, coincidindo coa visita do conselleiro de Sanidade ao hospital, foi o propio xerente da EOXI, Félix, Ruibal, o que retirou varios cartaces coas súas propias mans. Ruibal foi ao día siguiente o branco principal das protestas, e o persoal esixiu a berros a súa dimisión e concentrouse varios minutos ás portas do seu despacho.

 

E é que este mediodía, coincidindo co remate do peche, a Comisión de Centro chamou a todos/as os traballadores/as a unha mobilización na entrada principal “na defensa da nosa dignidade como traballadores/as, contra o seu modelo de xestión, na defensa dos nosos postos de traballo e por unha sanidade pública e de calidade”.

A convocatoria tivo un seguimento moi importante, até o punto de que decidiron saír en manifestación até a rotonda da estrada Clara Campoamor, onde interromperon o tráfico por un breve espazo de tempo. A continuación foi cando se dirixiron ao despacho da Xerencia para reclamar a berros a dimisión do seu responsábel.

ÚLTIMAS

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...

Vigo retoma o xuízo contra a trama que fabricaba ‘narcolanchas’ tras sucesivas suspensións

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra retomará a partir do luns o...