InicioSucesosUn condutor reincidente: parouno a GC mentres conducía sen carnet ata o...

Un condutor reincidente: parouno a GC mentres conducía sen carnet ata o Xulgado a compadecer por este mesmo delito

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os feitos sucederon a primeira hora da mañá nunha céntrica rúa da localidade de Cambados. Unha patrulla do Destacamento de Tráfico de Pontevedra interceptou a J.J.A., de 58 anos, conducindo sen permiso o seu vehículo de camiño ao Xulgado para comparecer, en calidade de investigado, por un delito contra a seguridade vial que cometera o 18 de maio, ao conducir sen carné por perda de puntos.

A este condutor reincidente, figurábanlle outros tres expedientes sancionadores por conducir co permiso sen vixencia por perda total de puntos e en todos os casos a infracción detectouse como consecuencia dunha infracción por condución etílica.

O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra está incidindo dunha forma especial na vixilancia deste tipo de condutores, con persoal especializado no seu control e interceptación.

Os condutores multirreincidentes son unha das principais preocupacións da Agrupación de Tráfico polo potencial risco para a seguridade vial que implican. As súas condutas viales adoitan ir asociadas a consumos de alcohol ou drogas, grandes excesos de velocidade ou outras infraccións que poñen en perigo ao resto dos usuarios das vías.

As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Instrución de Garda de Cambados, onde terá que comparecer en calidade de investigado como suposto autor dun novo delito contra a seguridade vial.

ÚLTIMAS

Traballadores de Stellantis Vigo denuncian a “cara oculta” da fábrica: precariedade, estrés e cargas insostibles

Traballadores de Stellantis Vigo concentráronse este martes diante das portas da fábrica para denunciar...

Profesionais da xustiza protestan en Vigo contra o “caos” da nova lei de eficiencia

Decenas de persoas protestaron este martes en Vigo pola “situación crítica” que vive a...

Villaverde reivindica o liderado de Galicia en sustentabilidade mariña no IV Foro de Fundación Nova Pescanova

A conselleira de Mar, Marta Villaverde, participou este martes na inauguración do IV Foro...

Vigo convértese na capital atlántica da biotecnoloxía co ‘Galicia Biodays’

O Auditorio e Palacio de Congresos Mar de Vigo acollerá os próximos días 6...