InicioSociedadeO TSXG confirma que non serán derrubados os apartamentos vigueses de Samil...

O TSXG confirma que non serán derrubados os apartamentos vigueses de Samil 55 por adicarse a “fins turísticos”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) considera que a sentenza sobre os apartamentos turísticos vigueses de Samil 55, que “non serán demolidos”, está “totalmente executada” a través da súa conversión para uso turístico.

Así o determinou a sección segunda do Contencioso-administrativo do TSXG, que desestimou o recurso de reposición interposto contra o auto de xullo de 2019, no que acordaba o arquivo do incidente de execución de sentenza. Este recurso alegaba a imposibilidade de cumprir os requisitos deste arquivo, algo que rexeita o TSXG.

“Non hai un acto contrario aos pronunciamentos da sentenza”, indica o alto tribunal galego, que lembra ao recorrente que nesa sentenza “contémplase a posibilidade de que o inmoble se poida utilizar con fin hoteleiro, en lugar de proceder á súa demolición, prevendo incluso a realización de determinadas obras necesarias para a súa adaptación a ese fin”.

Ademais, os maxistrados subliñan que conta con licenza de obras de adaptación ao uso hoteleiro, licenza de actividade para uso hoteleiro e licenza de primeira ocupación. Segundo o TSXG, “non pode atribuírse a relevancia que pretende a parte executante á esixencia do documento xustificativo do Rexistro da Propiedade da modificación/cancelación das inscricións rexistrais relativas ao uso como vivenda”. Pola contra, destaca que esta é “unha realidade xa superada pola acreditación do uso turístico consecuencia do exame da documentación achegada”.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...