InicioSucesosAsí actuaba o "depredador sexual" do tren Vigo-Pontevedra

Así actuaba o “depredador sexual” do tren Vigo-Pontevedra

Elexía os trens que saen á primeira hora da mañá de Guixar que van menos concorridos e sentaba ao carón de mulleres soas. Cando menos, catro denunciaron abusos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron a un veciño de Soutomaior, de 21 anos de idade, como presunto autor de varios delitos de abusos sexuais, tras realizar tocamentos a, polo menos, catro mulleres, no interior de trens, no traxecto entre Vigo e Pontevedra.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación destes feitos iniciouse o pasado mes de agosto, cando o departamento de Seguridade de Renfe contactou coa Brigada Móbil da Policía Nacional (unidade encargada de investigar delitos cometidos na rede ferroviaria), tras recibir varias queixas de viaxeiras que sufriran tocamentos por parte dun home novo.

As pescudas policiais permitiron descubrir que a sospeitoso elexía os trens que saen á primeira hora da mañá e que van menos concorridos. Así, subía ao convoi na estación de Guixar, en Vigo, ataviado cun chaleco dunha empresa.

O mozo sentaba á beira de viaxeiras que ían soas e tentaba abusar delas, seguindo unhas pautas de comportamento que a Policía cualifica como de “depredador sexual”. O sospeitoso buscaba a situación idónea para atacar ás mulleres e ocultaba o seu rostro cun pasamontañas ou unha gorra para evitar ser identificado.

Grazas ao operativo despregado pola Policía Nacional, coa cooperación de Renfe e de Adif, púidose identificar a este home, que foi detido (a pesar de que opuxo gran resistencia) nas inmediacións da estación de Guixar á primeira hora da mañá deste luns.

ANTECEDENTES POR ABUSOS SEXUAIS

Unha vez en Comisaría, a Policía comprobou que o home ten antecedentes penais por outros delitos de abusos sexuais, e que teñen en vigor dúas ordes de afastamento de anteriores vítimas.

A Policía logrou, por outra banda, identificar a catro mulleres que sufriron ao longo dos últimos meses eses ataques nos trens, pero deduce que pode haber máis vítimas, e animou a estas mulleres a presentar denuncia. Así mesmo, solicitaron ao xulgado que dite orde de afastamento das estacións e trens de Renfe, para evitar que ese suposto abusador poida volver agredir a outras vítimas.

O operativo policial foi levado a cabo pola Brigada Móbil no Transporte da Xefatura de Unidades Especiais da Comisaría Xeral de Seguridade Cidadá; axentes do sector móbil da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá da Xefatura Superior de Galicia; e efectivos da UFAM da Brigada de Policía Xudicial da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela.

O detido foi posto este mércores a disposición do xulgado de instrución número 8 de Vigo, que decretou a súa posta en liberdade, coa condición de investigado por supostos abusos sexuais.

ÚLTIMAS

Cárcere para dous acusados de dar unha malleira a dous mozos na rúa Hernán Cortés de Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a condena imposta a dous acusados...

Caballero reclama unha facultade de Medicina en Vigo “inexcusablemente” para o curso 2027-28

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a reclamar este mércores unha Facultade de...

O Concello de Vigo culpa á Xunta de “atrasar a autorización” para abrir quioscos de praia

O Concello de Vigo confirmou o atraso na apertura dos quioscos das praias, que...

O mozo afogado tras saltar dunha ponte en Soutomaior era un vigués de 20 anos

Os servizos de emerxencia recuperaron o corpo sen vida dun mozo, de 20 anos,...