InicioEconomíaFomento aproba provisionalmente o proxecto para remodelar a Avenida de Madrid en...

Fomento aproba provisionalmente o proxecto para remodelar a Avenida de Madrid en Vigo

Contará cun investimento de 13,4 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O ministerio de Fomento aprobou provisionalmente o proxecto de remodelación da Avenida de Madrid, un dos principais viarios de entrada na cidade de Vigo (desde o sur de Galicia e desde Portugal), e que contará cun investimento de 13,4 millóns de euros.

Así o trasladaron este luns fontes do Ministerio, que precisaron que o proxecto será sometido en próximas semanas a información pública. A partir de aí, unha vez resoltas as alegacións, aprobarase o proxecto definitivo e licitaranse e adxudicarán as obras.

Precisamente, será o Concello de Vigo (que achega un terzo do financiamento da obra) a administración encargada desa licitación e de coordinar e facer o seguimento dos traballos, segundo sinalou o alcalde, Abel Caballero.

Esta remodelación é froito dun convenio asinado entre o consistorio olívico e o Ministerio de Fomento en 2016 (sendo Ana Pastor ministra). O acordo foi posteriormente modificado, “cando chegou Pedro Sánchez ao Goberno”, para ampliar o investimento de 9 a 13,4 millóns.

“Queremos que sexa unha gran avenida, non unha simple estrada de entrada á cidade”, proclamou o rexedor, quen confirmou que a ‘humanización’ incluirá a instalación de esculturas e novo mobiliario urbano.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...