InicioSucesosImaxes do narcosubmarino afundido en Aldán e do operativo de rescate

Imaxes do narcosubmarino afundido en Aldán e do operativo de rescate

Tentan remolcar ao porto de Aldán o submarino cargado con cocaína.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un bateeiro, unha patrulla da Garda Civil, dúas de Aduanas, unha zodiac dos Grupos Especiais de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil traballaban na ría de Aldán para refrotar o narcosubmarino afundido na zona.

Segundo puido saber Xornal de Vigo, no operativo participaba un bateeiro de Cangas, que é o que está tentando introducir os flotadores cos que se quere facer emerxer a nave.

Varios buzos traballaban nestas tarefas. De feito, un deles logrou acceder este luns pola mañá e atoupou un fardo de droga no seu interior. Así o confirmou o delegado do Goberno, Javier Losada, quen explicou que se detivo a dous dos tripulantes da embarcación submarina (de nacionalidade ecuatoriana), que previsiblemente pasarán a disposición xudicial “ao longo do día”. Séguese buscando a un terceiro sospeitoso, que se atopa “fuxido“.

O remolcador ‘Insuíña Rande’, con apoio dunha patrulleira da Garda Civil e unha embarcación de Vixilancia Aduaneira trataba de remolcar xa este serán cara ao porto de Aldán, en Cangas, o ‘narcosubmarino’.

Segundo fontes coñecedoras do operativo, a intención dos efectivos que se atopan na zona é tratar de remolcar o aparello, que leva no seu interior unha “importante cantidade” de droga, ao porto de Aldán, que é o máis próximo. 

A operación prevese complicada debido á falta de luz e ás malas condicións do mar, unha situación que xa dificultou os labores realizados ao longo de toda a xornada para reflotar o batiscafo.

O remolcador ‘Insuíña Rande’ (que xa participou anteriormente noutras operacións para reflotar embarcacións afundidas e que está equipado cun guindastre) estivo na zona desde primeira hora da tarde.

Do mesmo xeito, mergulladores dos Grupos Especiais de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil estiveron realizando inmersións na zona do afundimento, manobrando con grandes globos para colocar no submarino e lograr que emerxese á superficie. Finalmente, despois de varias horas, conseguiron que unha parte do batiscafo se elevase desde o fondo, a un dos costados do remolcador.

Estas imaxes foron gravadas xusto enriba do lugar onde se atopa o submarino, o cal se pode observar a través da auga.

DOUS DETIDOS E UN “FUXIDO”

O submarino, que estaba a ser vixiado polas forzas policiais (nun operativo de Garda Civil, Vixilancia Aduaneira e Policía Nacional) foi afundido polos seus tripulantes na madrugada do domingo, e dous deles, de nacionalidade ecuatoriana, foron detidos nese momento.

Está previsto que ambos os arrestados pasen a disposición xudicial este martes nun xulgado de Cangas. Mentres, tal e como confirmou o delegado do Goberno, Javier Losada, séguese buscando o terceiro sospeitoso, fuxido.

Non é a primeira vez que os narcotraficantes tentan utilizar un submarino na súa actividade delituosa, de feito, en 2006 xa se frustrou na ría de Vigo unha descarga de cocaína transportada nun artefacto submarino, aínda que máis rudimentario. No caso da nave afundida en Aldán, sería o primeiro ‘narcosubmarino’ interceptado que fixo unha travesía transatlántica con droga (desde algún porto de Sudamérica).

 

ÚLTIMAS

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...