InicioMedio Ambiente e PatrimonioA navegabilidade do río Miño, o gran obxectivo entre Galicia e o...

A navegabilidade do río Miño, o gran obxectivo entre Galicia e o norte de Portugal

Un novo proxecto europeo pretende aumentar a navegación durante 16 quilómetros, entre Tui e Salvaterra do Miño..

PUBLICADO O

- Advertisement -

A melloría da navegabilidade do río Miño, a creación de percorridos turísticos de barco ou a promoción do deporte fluvial son algunhas accións previstas nun novo proxecto transfronteirizo, “Río Miño: Un Destino navegable” que conta cun investimento superior a 1,1 millóns de euros.

No marco desta iniciativa están previstas intervencións nun treito de 16 quilómetros do Miño, entre a ponte internacional que liga Valença a Tui e a que une Monção e Salvaterra do Miño, para crear “as condicións ideais para a relación de actividades náuticas de lecer e turismo no río Miño”.

“Preténdese lanzar unha serie de accións, por etapas, que permitirán, nunha segunda fase, a creación de circuítos turísticos navegables, onde o barco será o principal medio de transporte e o río o patrimonio cultural e natural asociado”, explican os promotores do proxecto na candidatura presentado ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

OUTRAS ACTIVIDADES

Neste sentido, o programa vai permitir a creación de pequenos peiraos flutuantes nos concellos envolvidos; visitas programadas ás fortalezas da raia, aos centros históricos, adegas de viño Alvariño, equipamentos culturais, pesqueiras; promover obradoiros e conferencias relacionadas co río; e incentivar a práctica de deportes como caiaque, canoa ou “stand up paddle”, entre outros.

O proxecto, que se prolonga durante catro anos, está dentro do Programa INTERREG V España- Portugal (POCTEP) 2014-2020, con fondos europeos, tendo como socios portugueses os municipios de Monção e Valença, no distrito de Viana do Castelo, e os concellos de Tui e Salvaterra do Miño, na provincia de Pontevedra.

Tamén forma parte deste proxecto transfronteirizo a Dirección Xeral do Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, a Axencia de Turismo de Galiza e a entidade rexional de Turismo Porto e Norte de Portugal (TPNP).

Este proxecto vai proporcionar un conxunto de experiencias e descubrimentos nos catro municipios que, certamente, contribuirán para facer desta rexión un espazo privilexiado para a pasaxe de momentos agradábeis tanto en contexto familiar como en grupos de amigos”, afirmou o alcalde da Monção na Axencia Lusa.

ÚLTIMAS

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...

Caballero arremete e eleva a batalla polo Mundial 2030: “A Xunta non quere pagar Balaídos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu cargar contra a Xunta, asegurando que "non...

Vigo paraliza idea dunha facultade de Medicina tras o preacordo para a docencia descentralizada

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas acadaron un preacordo...