InicioSociedadeVigo contará a partir de decembro cunha nova liña de Vitrasa que...

Vigo contará a partir de decembro cunha nova liña de Vitrasa que unirá Praza América coa residencia Santa Marta

O alcalde da cidade asegurou que esta conexión chega despois da petición realizada polas persoas maiores que residen no centro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo porá en marcha o próximo 9 de decembro unha nova liña de Vitrasa que unirá Praza América coa residencia de maiores Santa Marta, situada no barrio de Alcabre. Sinalouno este mércores nunha rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero. Asegurou que esta conexión chega despois da petición realizada polas persoas maiores que residen no centro.

O percorrido da nova liña de Vitrasa partirá de Praza América e percorrerá a avenida de Castelao, Tomás Paredes, a avenida Atlántida, Camiño Viña Grande, Camiño Sobreira e Camiño Freixeiro con horario de saída desde Santa Marta ás 10:15 horas, 16:45 horas e 19:40 horas e saídas desde Praza América ás 12:20 horas, 16:25 horas e 19:20 horas.

Caballero indicou que para a posta en marcha desta liña foron necesarias modificacións en diferentes viarias de Alcabre para permitir o acceso dos autobuses.

ÚLTIMAS

“O Concello aínda ten moitos deberes”: o PP esixe a Caballero os proxectos completos do Mundial 2030

A candidatura de Vigo para converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol de...

Salvan a vida dun estibador que sufriu unha parada cardíaca nun barco en Vigo: varias descargas dun desfibrilador lograron recuperar o seu pulso

Nunha parada cardíaca, os primeiros minutos poden marcar a diferenza entre a vida e...

Vigo cruza peticións de dimisión: o PP reclama cesar a Pardo e o PSOE apunta a tres conselleiros da Xunta

O futuro do transporte público de Vigo converteuse nun novo motivo de confrontación entre...

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...