InicioSociedadeA EOXI de Vigo presenta un documento para unha "profunda transformación" da...

A EOXI de Vigo presenta un documento para unha “profunda transformación” da Atención Primaria

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo presentou este mércores aos profesionais de Atención Primaria o documento estratéxico e de xestión elaborado por 16 expertos independentes para o futuro dese nivel asistencial, ‘Por unha Atención Primaria vertebradora do sistema de saúde’.

A este acto, convocado pola xerencia da área sanitaria e levado a cabo na sede da Dirección de Atención Primaria de Vigo, situada en Rosalía de Castro, asistiu, entre outros, o xerente da EOXI viguesa, Julio García, así como máis de 60 persoas de diferentes categorías profesionais.

Na súa intervención, García sinalou que este documento “propón unha profunda transformación da Atención Primaria, deixando o papel de porta de entrada ao sistema sanitario para ser o eixo vertebrador do mesmo”.

Tamén explicou que é o resultado dun dos acordos asinados o pasado mes de marzo entre as sociedades científicas de Atención Primaria en Galicia e o Consello Galego de Colexios Médicos e o Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Neste sentido remarcou que o traballo desenvolvido por este grupo de expertos é “perfectamente complementario” co levado a cabo para a elaboración do Plan de Atención Primaria 2019-2021, e que está a liderar desde o Consello Técnico de Atención Primaria.

ÚLTIMAS

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar que rexentaba en Vigo

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar...

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...