InicioEconomíaA UVigo, pioneira nun dispositivo de almacenamento de enerxía nos nanosatélites

A UVigo, pioneira nun dispositivo de almacenamento de enerxía nos nanosatélites

Trátase da iniciativa WIpTherm, que conta cun orzamento de 2,3 millóns de euros e unha duración de tres anos,

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo participa nun proxecto, coordinado pola Universidade de Porto (Portugal) e no que participan institucións académicas doutros países, para desenvolver un dispositivo de transferencia de potencia sen fíos, co que se poida almacenar enerxía en ‘cubesats’ (nanosatélites con forma de cubo).

Segundo informou a UVigo, trátase da iniciativa WIpTherm, que conta cun orzamento de 2,3 millóns de euros e unha duración de tres anos, ao amparo da convocatoria Fet Open do H2020. Esta convocatoria está orientada ao desenvolvemento de tecnoloxías disruptivas e, neste caso, “este tipo de solucións non están dispoñibles actualmente para pequenos satélites”, segundo apuntou Fernando Augado, coordinador da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo.

Os ‘cubesats’ almacenan enerxía a partir de paneis fotovoltaicos recargados con luz solar, unha enerxía que lles permite funcionar cando están en fases de ‘sombra’. Con todo, estes nanosatélites non poden usar eses paneis en misións no espazo profundo e lonxe do Sol, de maneira que este sistema permitiría a transferencia de potencia desde un satélite maior, no que estarían integrados e que si podería usas as súas placas fotovoltaicas.

No proxecto WIpTherm, desenvolverase unha primeira fase na que se definirán os requisitos que debe cumprir este novo subsistema de xeración de potencia. A continuación, identificaranse as funcionalidades e interfaces dese subsistema e, por último, construirase un prototipo integrable nun nanosatélite.

Finalmente, o prototipo probarase nunha campaña de medidas ambientais que inclúen probas de termovacío e de vibración, que simulan as condicións de operación en órbita e de lanzamento.

Con respecto á participación da Universidade de Vigo, os seus investigadores definirán os requisitos, funcionalidades e especificidades técnicas para que o dispositivo sexa compatible con nanosatélites de tipo ‘cubesat’. “Tamén desenvolveremos un prototipo de almacenamento da enerxía xerada, así como a execución da campaña de medidas ambientais”, sinalou Fernando Augado.

Esta achega supón unha “continuidade na liña de traballo” da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, segundo engadiu Augado, que precisou que a institución viguesa contará con 463.187 euros para desenvolver a parte que lle corresponde.

ÚLTIMAS

Abordado un buque a 600 millas de Canarias con 6.500 quilos de cocaína con destino a Vigo

Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional abordaron este outubro --a 600 millas das...

Novidades no Nadal de Vigo: 75 casetas e dúas pistas de xeo na praza de Vialia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello ampliará o espazo do Nadal...

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...