InicioEconomíaO Concello de Vigo inicia unha campaña en varias cidades de España...

O Concello de Vigo inicia unha campaña en varias cidades de España e Portugal para publicitar o Nadal

O Concello de Vigo porá instalará decenas de carteis ou 'mupis' en 9 cidades de España e tres de Portugal, para convidar os habitantes destas cidades a visitar a cidade olívica e gozar da iluminación e a ambientación do Nadal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo porá en marcha estes días unha campaña publicitaria, coa instalación de decenas de carteis ou ‘mupis’ en 9 cidades de España e tres de Portugal, para convidar os habitantes destas cidades a visitar a cidade olívica e gozar da iluminación e a ambientación do Nadal.

Así o anunciou o alcalde, Abel Caballero, nunha rolda de prensa na que explicou que estes carteis promocionais exhibiranse en Pontevedra, Oviedo, Xixón, Avilés, Salamanca, Burgos, Vitoria, Bilbao e San Sebastián. Os ‘mupis’ tamén se instalarán nas cidades portuguesas do Porto, Braga e Coimbra.

Ademais, o rexedor desprazarase este martes a Madrid para inaugurar unha exposición na estación de autobuses da capital (Estación Sur), na que se recollerán imaxes do Nadal en Vigo, así como un gran anuncio convidando os madrileños a visitar a cidade olívica nestas datas festivas.

“Queremos que Madrid saiba aínda máis do noso Nadal. E tamén é para que o alcalde renuncie a calquera expectativa e esperanza de gañarnos”, chanceou Abel Caballero, quen matizou que o di “con agarimo e con respecto”: “Botarme a min un pulso co tema de luces de Nadal…, polo menos hai que terlle agarimo, porque vai perder por goleada”.

ÚLTIMAS

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo pagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...

UGT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UGT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...