InicioMedio Ambiente e PatrimonioO proxecto 'Tesouros humanos' recupera o patrimonio inmaterial do Miño transfronteirizo

O proxecto ‘Tesouros humanos’ recupera o patrimonio inmaterial do Miño transfronteirizo

Forma parte do proxecto 'Smart Minho' que coordina a Deputación de Pontevedra .

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Deputación de Pontevedra presentou o proxecto ‘Os Tesouros Humanos Vivos’, un traballo de recuperación e posta en valor da memoria cultural galego-portuguesa no territorio do val do río Miño.

Esta iniciativa está enmarcada no proxecto ‘Smart Minho’ e foi presentada en Pontevedra este venres na véspera do Día Mundial do Patrimonio Cultural nun acto que contou coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; do deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez; da deputada de Patrimonio, María Ortega, e do coordinador da Asociación Ponte… nas Ondas!, Xerardo Feijoo, organización consultora da UNESCO, con quen se desenvolve este traballo.

Segundo explicaron, patrimonio inmaterial como as técnicas de pesca tradicional, os traballos artesanais, os contos e lendas e mesmo as variedades dialectales que desde tempos inmemoriais se transmite de xeración en xeración, vense agora “ameazados pola falta de revelo xeracional” e polos “drásticos cambios na forma da vida da xente nos últimos 50 anos”.

O obxectivo, destacaron, radica en documentar estes coñecementos intanxibles, “que son a base da nosa cultura e da nosa identidade”, polos en valor e transmitilos ás novas xeracións, evitando así a súa desaparición.

Para o deputado Uxío Benítez, esta é unha das accións “máis bonitas e simbólicas” desenvolvidas dentro do proxecto ‘Smart Minho’ que coordina a Deputación de Pontevedra co cofinanciamento do 75% do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

O traballo de campo realizado durante máis dun ano consistiu en gravar entrevistas a persoas do territorio miñoto galego-portugués, a maioría delas de máis de 70 anos, e nun dos casos chegando ata os 99. As entrevistas estarán á disposición de todo o mundo na páxina www.smartminho.eu co obxectivo de garantir a súa divulgación e transmisión.

ACTIVIDADES LÚDICAS E EDUCATIVAS

Agora realizaranse actividades lúdicas e educativas relacionadas, editarase un libro infantil, organizarase unha exposición itinerante e haberá un acto homenaxe a todos os “tesouros humanos vivos” que forman parte do proxecto.

Carmela Silva lembrou que ese patrimonio inmaterial, maioritariamente en mans das mulleres, “fainos únicos, diferentes e diversos nun mundo global” e, ademais, “mostra a humanidade, o máis fermoso do ser humano”. “Non podemos permitir que se perda”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado...

Sancionan cinco alumnos do colexio Monterrey en Vigo tras a denuncia da familia dunha nena por suposto acoso

O colexio Monterrey de Vigo abriu cinco "procedementos correctores con sancións" no marco da...