InicioSociedadeO Concello de Vigo culpa a Xunta da situación da parella con...

O Concello de Vigo culpa a Xunta da situación da parella con dúas fillas pendente de desafiuzamento

O goberno municipal ofrece axuda á familia para que poida pagar un aluguer, "cando consigan" unha nova vivenda", pero di que a política de vivenda é "competencia da Xunta".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo ofreceu este venres axuda a unha parella á que van a desafiuzar proximamente, para que poida pagar un aluguer, “cando consigan” unha nova vivenda, e lembrou que o Concello destina máis de 2,5 millóns de euros ao ano a “evitar desafiuzamentos”, a pesar de que a política de vivenda é “competencia da Xunta”.

Así o trasladou a concelleira de Políticas Sociais do goberno vigués, Yolanda Aguiar, en resposta á concentración convocada pola Oficina de Dereitos Sociais e por outros colectivos, para reclamar “vivenda digna” para familias vulnerables na cidade.

Aguiar sinalou que a familia á que fixeron alusión nese acto, unha parella con dúas fillas menores que non pode facer fronte ao aluguer e que subsiste coa Risga, “está a ser atendida polos servizos sociais” do Concello, e que ela mesma lles informou “do alcance” das axudas ás que poden optar.

A edila socialista sinalou que o Concello lles ofreceu axuda para pagar o aluguer, unha vez “que consigan outra vivenda” e engadiu que esta familia foi derivada ao programa Reconduce da Xunta, pero non foi posible atoparlles unha solución porque o propio Goberno galego “admite que non ten vivendas en Vigo” para ese reacollo.

“Os colectivos que estiveron reivindicando vivenda digna saben que a administración competente é a Xunta, e que o Concello ten importantes axudas antidesafiuzamentos”, recalcou e apuntou que, de feito, foron os servizos municipais os que axudaron a esta familiar a “gañar tempo” e atrasar o lanzamento.

“Pero o certo é que en Vigo existe un problema estrutural de carencia de vivenda digna e a Xunta é a administración que debe pór unha solución sobre a mesa”, sentenciou, e prometeu que, unha vez que se produza o desaloxo, o Concello cooperará nunha solución de “interinidade” mentres que a familia non atope outra vivenda.

Protesta en Vigo para evitar o desafiuzamento dunha parella con dúas fillas menores

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...