InicioSociedadeUn garda civil salva en Cangas a vida dun bebé que se...

Un garda civil salva en Cangas a vida dun bebé que se estaba asfixiando

O cativo é fillo dun compañeiro do axente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un axente da Unidade de Seguridade Cidadá (USECIC) da Comandancia de Garda Civil de Pontevedra, con base en Vigo, salvou a vida ao fillo recentemente nado dun compañeiro no cuartel de Cangas, despois de que o bebé sufrise unha crise respiratoria severa.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, os feitos tiveron lugar onte, cando este axente da USECIC se atopaba de forma circunstancial no cuartel de Cangas realizando uns trámites. Neses momentos, escoitáronse os berros dunha muller que accedeu ás dependencias cun bebé en brazos pedindo auxilio.

Este garda decatouse de que o bebé, de apenas uns días, estaba insconsciente, sen respiración e cun aspecto cianótico alarmante. Inmediatamente realizou as manobras de reanimación e puido conseguir que o bebé respirase novamente.

Entre o xúbilo que se produciu cando se volveu escoitar o pranto do neno, o axente decatouse de que se trataba do fillo dun compañeiro, que vive nun dos pavillóns do cuartel e que estaba ausente nese momento.

A actuación “serena e decidida” deste funcionario suscitou as felicitacións e eloxios dos pais do menor, dos compañeiros da Garda Civil e tamén dos propios servizos sanitarios de emerxencias que acudiron ao lugar.

Unha dotación da USECIC escoltou a ambulancia que trasladou o bebé a un hospital de Vigo, onde permanece ingresado en observación e “recupérase satisfactoriamente”.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...