InicioEconomíaVigo abre a porta a capital chinés coa idea de instalar unha...

Vigo abre a porta a capital chinés coa idea de instalar unha planta de baterías para coches eléctricos

O alcalde Abel Caballero evita concretar unha posible localización.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades, reuniranse o vindeiro martes coa ministra de Industria en funcións, Reyes Maroto, para analizar a posible “captación de investidores chineses” interesados en instalar unha planta de baterías para coches eléctricos.

Caballero sinalou que esta reunión se producirá aproveitando a celebración, en Madrid, dun foro sobre automoción eléctrica, no que estarán presentes decenas de empresas de chinesas relacionadas co coche eléctrico e autónomo.

“Imos analizar as posibilidades de instalar en Vigo unha fábrica de baterías”, avanzou Caballero, quen evitou concretar unha localización, aínda que sinalou que esta localización dependerá da “prema” que teñan eses investidores.

Así, aínda que avogou porque a planta estea en chan vigués (para o que sería necesaria unha tramitación urbanística específica pola falta de chan industrial), recoñeceu que a Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves tamén “sería unha posibilidade”. “Eu estaría encantado de que viñesen ao ‘gran Vigo’. O que faremos é darlles as máximas facilidades e que elixan eles”, apostilou.

ÚLTIMAS

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...

Vigo reclama unha AP-9 pública, galega e sen peaxes e pide anular a última prórroga da concesión

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns unha moción do BNG na...