InicioMedio Ambiente e PatrimonioSOS polos xardíns do Gran Hotel de Mondariz-Balneario

SOS polos xardíns do Gran Hotel de Mondariz-Balneario

Crean unha plataforma para pedir que se cree un museo da auga onde está prevista a construción de novos edificios de vivendas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As fermosas paraxes de Mondariz-Balneario xa teñen quen as protexa. Este sábado peto de 70 persoas participaban na creación dunha Plataforma Cidadá na defensa e posta en valor dos Xardíns do Gran Hotel situados na propia vila.

O seu obxectivo é conservar e protexer os xardíns, hoxe ameazados por un convenio asinado entre o Concello de Mondariz-Balneario e a empresa SODESMON S.L. que permitiría construír tres edificios de vivendas nunha área de 4100m2 do Bosque do Gran Hotel, “unha das zonas máis fermosas e de maior valor do conxunto”, din. Tamén critican que se pretende segregar outros 400m2 do xardín francés para construír un edifico dos servizos municipais.

O acto celebrouse no sala de cultura do Concello de Mondariz-Balneario. Arrincou cunha breve charla informativa sobre o contido do convenio e proseguiu cun intenso debate de ideas e propostas para desenvolver na plataforma cidadá.

Reivindicacións

Os impulsores acordaron defender a integridade do conxunto dos Xardíns do Gran Hotel e a aplicación de medidas de protección deste ben patrimonial, a reivindicación do uso público do espazo para o lecer, e a promoción de medidas de posta en valor e mellora de todo o recinto axardinado.  A plataforma xa conta con 115 persoas e unha mesa de 11 membros que se encargará da súa dinamización e difusión.

O seu principal obxectivo a partir de agora é buscar alternativas que permitan “eliminar as cuestións negativas ou inadecuadas” do convenio, e potenciar tódolos aspectos positivos do mesmo. “Procuramos un proxecto ambicioso de recuperación e posta en valor dun Patrimonio histórico, cultural e paisaxístico tan importante como é o conxunto dos Xardíns do Gran Hotel de Mondariz-Balneario”, apuntan os impulsores nun comunicado.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...