InicioEconomíaConde asegura que a Xunta traballa na interlocución para atopar unha saída...

Conde asegura que a Xunta traballa na interlocución para atopar unha saída a Barreras

Reclámalle ao consello de administración que "actúe con responsabilidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegurou este luns, a respecto da posibilidade de que as empresas auxiliares do estaleiro de Hijos de J. Barreras de Vigo, nunha complicada situación económica, tomen o control da compañía, que é “unha decisión do consello de administración”. Por iso, reclámalle que “actúe con responsabilidade e instrumente todas as medidas necesarias” para que haxa un acordo.

Manifestouno en declaracións aos medios antes de participar nunha xornada organizada pola Fundación Concordia e Liberdade, en Santiago de Compostela, e á que asistiu o seu presidente, Adolfo Suárez Illana. Neste contexto, Conde expresou, ademais, que “Galicia non entende por que” o Executivo estatal “non se compromete coa industria electrointensiva”.

Así mesmo, reivindicou que desde a Xunta se trasladou aos accionistas a súa “vontade” para “atopar unha solución”. “Nese contexto é onde estamos a traballar, nesa interlocución cos accionistas, tamén con Ritz-Carlton”, coa que o estaleiro mantén un contrato para a construción dun cruceiro.

ÚLTIMAS

Concello e BNG coinciden en que a Xunta “abandona” a Vigo nos orzamentos de 2027

O goberno local e o BNG de Vigo criticaron o "abandono" da cidade por...

Vigo reservará fondos en 2027 para impulsar voos a Londres, París, Alacante e Sevilla

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que os orzamentos municipais de 2027 incluirán...

Unha falsa alarma por gas obriga a desaloxar o IES de Valladares, en Vigo

Unha falsa alarma por unha posible fuga de gas obrigou este mediodía a desaloxar...

Novo atentado homófobo en Vigo: persiguen ao berro de”maricón” a un home en Vigo

A Policía Nacional identificou o pasado venres varios mozos despois de que, supostamente, perseguisen...