InicioEconomíaLexus instálase en Vigo

Lexus instálase en Vigo

Volve apostar pola apertura dun centro de venda e reparación de vehículos en Galicia, como os que xa dispón en Oleiros (A Coruña) ou Lugo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A marca automobilística Lexus inaugurou este martes un novo concesionario no número 141 da estrada de Camposancos de Vigo, polo que a firma xaponesa volve apostar pola apertura dun centro de venda e reparación de vehículos en Galicia, como os que xa dispón en Oleiros (A Coruña) ou Lugo.

Con máis de 2.500 metros cadrados, distribuídos en exposición de vehículos novos e seminovos, zona de recepción, sala lounge de espera, taller e mantemento de vehículos, así como aparcadoiro propio, as novas instalacións de Lexus en Vigo contarán cun persoal de ata 12 persoas para dar “o mellor servizo” aos seus clientes, tal como destacaron na presentación deste martes os seus responsables.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...