InicioSociedadeO Banco de Alimentos busca 1.200 voluntarios na provincia para a súa...

O Banco de Alimentos busca 1.200 voluntarios na provincia para a súa Gran Recollida

As xornadas nas que se desenvolverá esta acción solidaria son o 22 e 23 de novembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo necesita aínda da solidariedade dunhas 1.200 persoas de toda Pontevedra que queiran ser voluntarias os próximos 22 e 23 de novembro, as dúas xornadas nas que se desenvolverá a Gran Recollida deste ano.

Así, nun comunicado, Banco de Alimentos sinalou que desde que se presentou ante os medios a Gran Recollida de 2019, xa foron adxudicados uns 700 voluntarios, pero séguense necesitando mans para poder levar a cabo esta acción solidaria.

En total, dos case 2.000 voluntarios necesarios para toda a provincia, 1.200 serán para cubrir Vigo e a súa área de influencia, 500 para Pontevedra e a súa comarca, 250 para o Val Miñor e 50 para o Baixo Miño.

Para ser voluntario do Banco de Alimentos hai que chamar ao 986263022 ou cubrir un formulario colgado na web.

A Gran Recollida de 2019 estará presente en máis de 150 superficies comerciais de Vigo e Pontevedra, así como das comarcas do Morrazo, Val Miñor, Baixo Miño, O Salnés e Deza. O ano pasado recolléronse 330.000 quilos de comida, e o obxectivo do Banco de Alimentos é igualar, polo menos, dita cifra.

Doutra banda, o próximo 15 de novembro a ONG desvelará quen será o substituto ou a substituta do actor e humorista David Amor, padriño da última Gran Recollida de Alimentos.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...