InicioPolítica(Vídeos) Abascal en Vigo: entre vivas a España, nostalxia de Franco e...

(Vídeos) Abascal en Vigo: entre vivas a España, nostalxia de Franco e o estado de excepción en Cataluña

Abascal critica a "urxencia" do PSOE por "desenterrar un morto" cando hai "un golpe de estado vivo" en Cataluña

PUBLICADO O

- Advertisement -

Centos de persoas encherons este xoves o Auditorio do Mar de Vigo para asistir ao mitin do presidente de Vox, Santiago Abascal, nesta cidade. Un acto electoral no que foi recibido coa música do “Que viva España” de Manolo Escobar e no que criticou a Pedro Sánchez por “desenterrar un morto despois dun descanso de 44 anos” e retransmitilo mediante un “show televisivo”, mentres que existe un “golpe de estado vivo” en Cataluña.

Así o trasladou nun mitin multitudinario en Vigo, ante unhas 1.400 persoas que abarrotaron o Auditorio Mar de Vigo  e no que acusou ao Goberno e ao presidente en funcións de pretender “romper a concordia” entre os españois, cunha “basta profanación” da tumba de Franco, a cuxa familia “nin sequera deixaron elixir onde enterralo”. “Iso non se lle fai nin a Franco nin á Pasionaria“, proclamou.

A ese respecto, criticou que o Executivo socialista vexa esta medida como “o máis urxente”, cando en Cataluña hai “un golpe de estado vivo”, “diga o que diga o Tribunal Supremo”. “Quérennos convencer de que o que pasou foi unha algarada, un problema de orde pública”, denunciou, e criticou que Pedro Sánchez cambiase ” ao Avogado do Estado” para modificar a acusación no procedemento polo ‘procés’. “O Supremo ditou unha sentenza á medida do avogado de Pedro Sánchez, porque non se merece chamarse Avogado do Estado”, resolveu.

ÚLTIMAS

Industria empraza a 40 afectados polas expropiacións para a ampliación do PTL de Valadares a ser notificados en persoa

O Diario Oficial de Galica (DOG) publica este mércores un anuncio da Dirección Xeral...

Detida tras atropelar ao seu marido coa súa moto na avenida da Florida e darse á fuga

Unha muller, C.R.P.C. de Venezuela e 43 anos de idade, foi detida o pasado...

Detida en Serafín Avendaño tras saltarse unha orde de afastamento sobre a súa nai de 77 anos, trasladada ao hospital

Unha muller, R.K.A.Q. de Vigo e 44 anos de idade, foi detida na tarde...