InicioSociedadeAs analíticas confirman que o menú é a orixe da reacción alérxica...

As analíticas confirman que o menú é a orixe da reacción alérxica que sufriron varios nenos en gardarías de Cangas

Segundo trasladaron fontes da Xunta, os técnicos analizaron o peixe tanto en cru, conxelado como cociñado e confirmaron a presenza dunha sustancia, 'histamina', por encima dos valores normais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As análises realizadas por Sanidade sobre os alimentos servidos aos nenos de dúas escolas infantís da zona de Cangas confirmaron que o menú do pasado venres como a orixe da reacción alérxica que sufriron varios dos infantes que acoden a estes centros.

O primeiro caso foi detectado o pasado venres na Choupana, cando a algúns dos pequenos aparecéronlles ronchas e manchas vermellas polo corpo, que desapareceron espontaneamente en menos dunha hora.

Os profesionais da escola, ante as sospeitas de que a orixe das manchas puidesen ser os alimentos, cambiaron rapidamente o menú servido na segunda quenda de comida.

Tamén se deron circunstancias similares noutra escola infantil da zona, a de O Hío, cuxa cociña está xestionada pola mesma empresa que o centro da Choupana. En total, a Consellería de Política Social tivo constancia de nove casos de reaccións alérxicas nos pequenos.

A orixe do problema foi o peixe servido nesa xornada. Segundo trasladaron fontes da Xunta a Europa Press, os técnicos analizaron o peixe tanto en cru, conxelado como cociñado e confirmaron a presenza dunha sustancia, ‘histamina’, por encima dos valores normais.

Sanidade acudiu á propia empresa encargada de ambas as cociñas e “non viron nada anómalo” polo que determinaron que a causa “máis plausible” é que rompese a cadea de frío nalgún momento do transporte do alimento por parte do distribuidor.

De feito, as mesmas fontes apuntan a esta posibilidade como a causa máis probable, posto que a empresa concesionaria cambiou de provedor de peixe hai menos dun mes. Finalmente, realizaron un chamamento á calma, posto que se tratou dunha incidencia leve e non dun problema a gran escala.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...