InicioEconomíaA Axencia Europea de Pesca busca "reforzar a estreita cooperación entre os...

A Axencia Europea de Pesca busca “reforzar a estreita cooperación entre os Estados da UE”

A entidade vén de presentar un programa plurianual que funcionará no marco das normas de seguimento, control e vixilancia da Política Pesqueira Común.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés) celebrou este martes en Vigo a súa 33ª reunión, onde aprobou o seu documento de programación plurianual para 2020-2024, co que pretende “reforzar a estreita cooperación entre os Estados membros da Unión Europea (UE)”.

Así, nun comunicado, a EFCA destacou que a súa programación abarca un “competo” resumo dos recursos asignados á Axencia de acordo cos obxectivos, indicadores e resultados previstos para os próximos anos. O orzamento para 2020 é de 17,6 millóns de euros, que serán sometidos á aprobación das autoridades orzamentarias da UE.

Este programa plurianual ten por obxecto reforzar a cooperación entre os Estados, no marco das normas de seguimento, control e vixilancia da Política Pesqueira Común, “unha condición sine qua non para lograr unha aplicación da política conforme, eficaz e uniforme, garantindo a sustentabilidade dos recursos pesqueiros”.

Neste sentido, o labor da EFCA virará ao redor de áreas “estratéxicas” como a coordinación operativa, a análise de riscos e análises de datos, o cumprimento das disposicións internacionais en materia de desenvolvemento de capacidades e o apoio ás funcións da garda costeira.

“A EFCA baséase na súa experiencia técnica e operativa para mellorar unha cultura de cumprimento e colaboración e para lograr unhas condicións de competencia equitativas na UE que contribúan á gobernación e a sustentabilidade dos océanos da maneira máis rendible”, subliñou o director executivo, Pascal Savouret.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...