InicioSen categorizarCondenada unha viguesa obsesinada co director do seu banco ao que deixaba...

Condenada unha viguesa obsesinada co director do seu banco ao que deixaba bicos de carmín e notas de amor

O home tivo que modificar a súa rutina diaria ante a insistencia da muller.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a unha veciña da cidade que durante meses se dedicou a seguir, vixiar e deixar notas ao director da súa sucursal bancaria para “trasladarlle o seu amor”.

En concreto, a Audiencia desestimou o recurso da condenada e ratificou a sentenza ditada polo Xulgado de Instrución número 6 de Vigo, que lle impuña unha multa de 540 euros e unha orde de afastamento do home por un delito leve continuado de coaccións, así como unha multa de 270 euros por empurrar a unha das empregadas do banco.

O fallo recolle que a muller, clienta dunha oficina bancaria de Vigo, presentouse no nadal de 2017 na sucursal para entregar a todos os empregados unha planta como obsequio e para deixar un “agasallo envolto” para o seu director.

Uns días despois, prosegue, a muller volveu á oficina e solicitou entrevistarse co director, que lle trasladou que non era necesario que lles fixese ningún agasallo. A isto, a condenada respondeu dicindo ao denunciante ‘a ti elixiuche Deus’, tras o que o home lle recomendou que tratase calquera cuestión relativa á oficina co resto do seu equipo e non con el.

VISITÁBAO VARIAS VECES POR SEMANA

A partir dese momento, a muller “comezou a presentarse na oficina de forma continua, varias veces por semana”, preguntando polo director e buscando reunirse con el, algo que impedían o resto dos empregados.

A maiores, reitera, a muller sentaba na cafetaría situada enfronte da oficina e, desde alí, “mantíñase durante horas en actitude vixiante“, chegando a seguir ao home cando saía da oficina e “deixando en varias ocasións notas na motocicleta” da vítima e “marcas de bicos de carmín nos espellos retrovisores e nos escaparates da oficina”.

A condenada tamén aseguraba publicamente que mantiña unha relación sentimental co denunciante, chegando a dicilo tanto nunha panadaría que frecuentaban os empregados da sucursal como na cafetaría que se atopaba enfronte.

Nunha ocasión, a muller chegou mesmo a “agarrar fortemente” a unha empregada e “zarandeala” cando pretendía atoparse co director da oficina. Por iso, o home viuse forzado a “alterar a súa rutina diaria” para evitar ser “controlado por ela”.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...