InicioSucesosDetido un menor tras sufrir un accidente mentres conducía ebrio un coche...

Detido un menor tras sufrir un accidente mentres conducía ebrio un coche roubado

Conducía de forma "temeraria", ebrio e sen carné un vehículo que fora subtraído recentemente en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo na madrugada do pasado sábado a un mozo de 17 anos de idade despois de sufrir un accidente cando circulaba ebrio pola autovía A-55 (Vigo-Tui) cun turismo subtraído.

Os feitos sucederon á altura do punto quilométrico 31,100 da devandita estrada, onde o mozo, de orixe romanesa, sufriu o accidente.

Segundo as investigacións realizadas pola patrulla do Destacamiento de Tráfico do Porriño, o menor desprazábase cara á localidade pontevedresa de Tui pola autovía e, despois de realizar un cambio de sentido, avanzou uns 200 metros en dirección contraria e terminou chocando cunha bionda ao sufrir unha saída da vía para evitar o choque frontal cun camión.

Tal como indicou a Benemérita nun comunicado, as primeiras pescudas determinaron que o mozo, que resultou ileso, conducía de forma “temeraria”, ebrio e sen carné un vehículo que fora subtraído recentemente en Vigo.

Desta maneira, foi detido como presunto autor dos delitos contra a seguridade viaria e furto de uso dun vehículo a motor. Unha vez instruídas as correspondentes dilixencias, que foron remitidas á Fiscalía de Menores, o mozo quedou en liberdade baixo a custodia e tutela dos seus pais.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...