InicioSucesosOs bombeiros sufocan un incendio nun barco do estaleiro Cardama de Vigo

Os bombeiros sufocan un incendio nun barco do estaleiro Cardama de Vigo

A causa do incendio foi un curtocircuíto nunha secadora da área de lavado e secado da embarcación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os Bombeiros de Vigo tiveron que intervir esta madrugada para sufocar un incendio “importante” declarado no interior dun barco de grandes dimensións situado no estaleiro Cardama, situado na Avenida Beiramar, en Vigo.

Segundo confirmaron fontes dos Bombeiros, a causa do incendio foi un curtocircuíto nunha secadora da área de lavado e secado da embarcación, que calcinou toda a zona e afectou a uns cuantos camarotes.

O incendio produciuse pasadas as once da noite, momento en que varios veciños da zona advertiron o 112 Galicia do suceso. Os bombeiros, que desprazaron catro camións ata o lugar do sinistro, dous do parque de Teis e outros dous do de Balaídos, dérono por extinguido ás 2.30 horas.

Segundo o 112, ademais dos Bombeiros de Vigo, solicitouse a intervención da Policía Nacional e Local e da Garda Civil; ademais, informouse do lume a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

O barco atópase agora mesmo en reparación e, a pesar da importancia do incendio, non sufriu maiores danos. EFE

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Deteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.I.R., de...