InicioSociedadeO sindicato do profesorado ANPE celebra que a Xunta quedou "sen argumentos"...

O sindicato do profesorado ANPE celebra que a Xunta quedou “sen argumentos” para opoñerse á creación dun instituto en Navia

ANPE lamenta ademais a "lamentable falta de comunicación" entre as administracións autonómica e local.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dende ANPE (Sindicato Independente do Profesorado) congratúlanse “ante o claro posicionamento do alcalde de Vigo, esixindo, para poder autorizar a ampliación de Navia, entre outras medidas, como o soterramento da VG-20que se incorpore ó proxecto urbanístico impulsado pola Xunta un instituto público, e comprometéndose a ceder terreos municipais para ese uso”.

O ANPE opuxérase ao proxecto de zonificación escolar de Vigo que fora trasladado pola Xefatura Territorial en Pontevedra da Consellería de Educación. Unha das causas desta oposición era o non contemplarse en dito proxecto a implantación dun Instituto de Ensino Secundario na zona de Navia, deixando sen cobertura de servizos educativos públicos de ensino secundario no barrio a unha poboación de quince mil persoas, e cunha pirámide poblacional inédita en Galicia e mesmo en todo o Estado.

Rúa Teixugueiras / dtingenieria.wordpress.com

Unha vez comunicada a súa desconformidade ó Xefe Territorial de Educación, e ante a resposta deste, instando a ANPE a xestionar ante o alcalde de Vigo a posta a disposición da Consellería de Educación de terreos para dotación educativa en Navia, este sindicato constatou “a lamentable falta de comunicación entre as administracións autonómica e local, polo que a nosa organización, primando o interese xeral e superior educativo, non tivo ningún reparo en recoller o guante, e transmitiulle ó alcalde a citada demanda, realizando así un labor que debería corresponder á Consellería de Educación, pero que nós, na nosa aposta decidida en pro do ensino público, non dubidamos en asumir”.

Agora, recalcan, “a pelota volve ó tellado da administración autonómica”, que “queda sen argumentos para opoñerse á creación dun instituto en Navia“. A Xunta xa recibira máis de 2.000 alegacións en defensa do mantemento dos espazos verdes do barrio e da creación de servizos.

ÚLTIMAS

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...