InicioEconomíaO BNG reclama un plan de industrialización ante o "risco de desaparición"...

O BNG reclama un plan de industrialización ante o “risco de desaparición” do naval vigués

Carme da Silva aposta por recuperar a competitividade do sector tras a quebra de Vulcano, a crise de Barreras e as consecuencias na industria auxiliar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG reclamou este venres un plan de industrialización que impulse o I+D+i na comarca de Vigo para, entre cousas, asegurar o futuro do sector naval, que está “en risco de desaparición”, tras a quebra de Vulcano, a crise de Barreras e as consecuencias na industria auxiliar.

Así o trasladou a candidata nacionalista pola provincia de Pontevedra, Carme da Silva, que mantivo unha reunión con delegados do sector naval en Vigo, na que tamén participou o concelleiro do BNG no Concello olívico, Xabier Pérez Igrexas.

Da Silva incidiu en que o naval debe ser considerado “un sector estratéxico” en Galicia, polo peso que ten na comarca de Vigo, “motor industrial” da comunidade. “Non se pode permitir que morra o sector naval. Xa hai anos hai sinais, e agora son alarmantes, de que está no alto risco de desaparición“, advertiu.

A candidata do BNG apuntou que “se poden adoptar decisións políticas” para salvagardar esta industria, e afirmou que “non hai razón para non ter estaleiros públicos ou semipúblicos”. Así mesmo, volveu a reclamar unha “tarifa eléctrica propia” da que se poida beneficiar toda a industria, porque “se Euskadi pode”, Galicia tamén debería facelo.

Carme da Silva reclamou un plan de industrialización, que permita ao sector da construción naval recuperar a súa competitividade, que aposte polo I+D+i, porque o que está en xogo non é o presente, senón “o que vai pasar en 10 ou 15 anos”. “Para iso temos que ter voz propia no Congreso a partir do 10 de novembro, capacidade para decidir”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...