InicioPolítica(Vídeo) Corina Porro: "a Xunta é a institución que máis inviste en...

(Vídeo) Corina Porro: “a Xunta é a institución que máis inviste en Vigo, con máis de cen millóns”

Di sobre Caballero que "o que fai cando se lle torce un tema é botar balóns fóra e implicar á Xunta".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada da Xunta en Vigo e líder do PP, Corina Porro, cargou este xoves duramente contra o alcalde de Vigo, Abel Caballero, ao que acusa de utilizar á Xunta para “botar balóns fóra”, cando algo non sae “como el quere”. Así, lembrou que é o Goberno galego a institución que máis inviste en Vigo, “con máis de cen millóns de euros”.

“Eu non quero meter agora a facer política municipal“, dixo tras un encontro no Ifevi, pero despois aproveitou para criticar duramente a Caballero. “Cando non lle saen as cousas como el quere, e se lle torcen, bota balóns fóra…. E cando hai un tema que é de competencia únicamente municipal, vai e mete á Xunta”, dixo.

E, neste sentido, insistiu que é a Xunta a que “máis inviste en Vigo” en temas que son, dixo, “da súa competencia”. Entre estes citou a Cidade da Xustiza, con máis de 40 millóns; o Casco Vello “cun investimento case total da Xunta” ou a nova sede da Universidade de Vigo.

ÚLTIMAS

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...