InicioEconomíaCrise no sector naval vigués: desaparece Vulcano e Barreras pode acabar nun...

Crise no sector naval vigués: desaparece Vulcano e Barreras pode acabar nun fondo estranxeiro de especulación

O ex presidente de Barreras admite a súa "preocupación" polo astaleiro pero elude falar do futuro do estaleiro: "Non chegou o momento".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O expresidente de Barreras, José García Costas, propietario do 24,5 por cento das accións e que foi cesado pola xunta de accionistas do estaleiro (liderada por PMI, filial da petroleira mexicana PEMEX), admitiu este mércores estar “preocupado” pola empresa, aínda que eludiu pronunciarse sobre a súa situación ou sobre o seu futuro.

García Costas foi abordado polos medios tras a súa intervención no acto de clausura dunha xornada divulgativa sobre o ‘Brexit’, que se celebrou na Cámara de Comercio de Vigo (organismo que preside este empresario do naval vigués) e, no medio dunha gran expectación mediática, foi preguntado pola súa situación no medio da crise do estaleiro.

“Vivo enteiro e arroupado pola miña familia“, proclamou e engadiu, á pregunta de se está preocupado: “Eu estou preocupado por todo, e a situación de Barreras, por suposto que me preocupa, pero non vou falar nin unha soa palabra de Barreiras”.

Así, a pesar da insistencia dos xornalistas, José García Costas, reiterou a súa negativa a pronunciarse sobre a situación do estaleiro, argumentado que “non chegou o momento”. “Cando chegue o momento, teredes todos cumprida información (…), xa tedes cumprida información, e o que non tedes inventádesvolo“, resolveu, visiblemente molesto cos medios.

Mentres, mantense a incógnita sobre o futuro dun estaleiro que ten unha carteira de pedidos por valor de máis de 800 millóns, que solicitou o preconcurso de acredores e debe negociar a súa débeda, e no que se está estudando o posible cambio de propiedade, ante a eventual entrada do fondo internacional Oaktree, que podería facerse con parte ou coa totalidade das accións.

ÚLTIMAS

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...

O novo contrato de ‘renting’ dos coches da Policía Local custará 3,4 millóns ata 2030

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo adxudicou este venres, por 3,4...