InicioSociedadeDetido un veciño de Vigo por maltratar a súa parella

Detido un veciño de Vigo por maltratar a súa parella

A vítima presentaba negróns en ambos os brazos, e tamén refería unha forte dor de cabeza e de pescozo, polo que os axentes solicitaron unha ambulancia medicalizada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade de 48 anos de idade, M.C.M., como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras zarandear e tirar ao chan á súa parella no transcurso dunha discusión.

Segundo informaron fontes policiais, o 092 recibiu o aviso na mañá do luns, por parte dunha muller que vive na zona de Ramón Neto. Cando chegaron os axentes, ela relatou que o día anterior tivera unha discusión coa súa parella, e que el a había zarandeado e tirado ao chan varias veces.

Tras este episodio violento, o presunto agresor abandonou o lugar nun coche da súa propiedade e en cuxo interior, segundo a versión da muller, ela deixara uns 3.000 euros.

A vítima presentaba negróns en ambos os brazos, e tamén refería unha forte dor de cabeza e de pescozo, polo que os axentes solicitaron unha ambulancia medicalizada. A muller foi evacuada ao hospital Povisa para unha valoración facultativa máis exhaustiva.

A policía puido localizar ao sospeitoso pouco despois do mediodía do luns. Este atopábase a uns 300 metros do domicilio e foi inmediatamente detido.

Así mesmo, os axentes localizaron o vehículo, que estaba mal estacionado, e o guindastre retirouno, á espera de que o xulgado autorice abrilo para comprobar se no seu interior está o diñeiro referido pola denunciante.

ÚLTIMAS

Xunta insiste en que Vigo terá abastecemento de agua ata final de ano

A Xunta de Galicia quixo enviar unha mensaxe de "tranquilidade" á veciñanza de Vigo...

O Nadal de Vigo xa ten o seu selo de Correos

Correos emite este mércores o selo "Cidades do Nadal. Vigo", que se pon en...

Vigo calcula en 107 millóns o investimento necesario para ser sede do Mundial e que Xunta e Deputación aporten dous terzos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que será preciso investir máis de 107,5...

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...