InicioDeportesO Concello de Bueu educa no uso do desfibrilador pola seguridade dos...

O Concello de Bueu educa no uso do desfibrilador pola seguridade dos seus deportistas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este mércores, 23 de maio, a concellaría de deportes convoca a todos os clubs deportivos da vila a asistir a unha charla na que os monitores deportivos municipais explicarán o funcionamento dos desfibriladores, de cara a previr acontecementos inesperados. O acto desenvolverase ás 20.45 h no Pavillón Municipal Pablo Herbello.

Ademais, a comezos de xullo, e en palabras do edil nacionalista, Manolo Otero, organizarase outra conferencia para dar a coñecer estes aparatos destinada ao público xeral, para que se poida coñecer como actuar en situacións de emerxencia.

Por último, co obxectivo de implicar a toda a poboación, é probable que de cara ao curso que vén levaranse estas charlas aos centros educativos da vila.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...