InicioPolíticaA Xunta asegura que os plans sectoriais da ETEA estarán aprobados en...

A Xunta asegura que os plans sectoriais da ETEA estarán aprobados en 2020 e lamenta o atraso do municipal

Así o trasladou aos medios a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, durante unha visita ás instalacións da ETEA, no barrio vigués de Teis, e na que sinalou que os promotores de cada ámbito poderán iniciar a execución dos seus proxectos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta avanzou este mércores que todos os proxectos sectoriais dos terreos da antiga ETEA, Escola de Transmisións e Electrónica da Armada, estarán aprobados en 2020, á vez que lamentou que o único plan pendente, o PS-4, é o que corresponde a dotacións deportivas que promove o Concello de Vigo e que “ata a data non iniciou ningún trámite“.

Así o trasladou aos medios a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante unha visita ás instalacións da ETEA, no barrio vigués de Teis, e na que sinalou que, unha vez aprobados os plans sectoriais, os promotores de cada ámbito poderán iniciar a execución dos seus proxectos.

Os terreos da antiga ETEA, que foron adquiridos en 2002 por Zona Franca, foron vendidos despois a Xunta de Galicia e concello, aínda que a primeira aínda non pagou toda a súa parte, e o consistorio non desembolsou nada a día de hoxe. Posteriormente, os terreos dividíronse en varios plans sectoriais diferentes, en función dos usos futuros.

Así, o PS-1, que inclúe os viarios, espazos libres e outras infraestruturas, comeza agora o período de exposición pública tras finalizar a tramitación ambiental, e será a Xunta a que execute a urbanización, mentres que Zona Franca e o CSIC encargaranse dos edificios.

Os plans PS-2 e PS-3 corresponden ao ámbito científico-tecnolóxico. No primeiro deles inclúense varias instalacións, será promovido polo CSIC, e acaba de finalizar a súa tramitación ambiental, polo que se prevé que sexa sometido a exposición pública no primeiro trimestre de 2020.

O PS-3 é, segundo sinalou a conselleira, o máis avanzado na súa tramitación, e será desenvolvido pola Universidade de Vigo, que se encargará das obras para adaptar os edificios Siemens e Faraday a usos docentes, administrativos e de investigación.

O único plan sectorial desenvolvido na súa totalidade é o o PS-5, que contempla os espazos recreativos (pistas de patinaxe e parque infantil) que habilitou hai anos a Xunta. Así mesmo, o PS-6, proxecto de usos complementarios que impulsará o goberno autonómico e que inclúe a construción dunha residencia de maiores, xa acabou o período de consultas e será sometido a información pública antes de final de ano.

Así as cousas, Ángeles Vázquez lamentou que o único plan sectorial do que non se iniciaron os trámites no PS-4, que debe desenvolver o Concello de Vigo, e que contempla dotacións e equipamentos deportivos (xa habilitados polo consistorio nesa parcela), e parque urbano.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...