InicioCulturaOs Bolechas ensinan a historia de Ponteareas aos máis pequerrechos da vila

Os Bolechas ensinan a historia de Ponteareas aos máis pequerrechos da vila

PUBLICADO O

- Advertisement -

A concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade de Ponteareas que dirixe Verónica Carrera convida a todas as familias a asistir á sala multiusos do auditorio municipal do concello para recibir aos Bolechas que veñen presentar o seu novo libro “Os Bolechas van a Ponteareas”.

O ilustrador Pepe Carreiro visitará a sala multiusos ás 18 horas do martes 22 de maio. Esta iniciativa pretende facer que os cativos e cativas de Ponteareas sintan orgullo da súa vila achegándose á súa historia e vida dun xeito lúdico e didáctico.

Gustavo Alves gaña o concurso de debuxo “Ponteareas con ollos de nenas e nenos”

Pola súa banda, a concellería de Ensino de Ponteareas entrega este venres día 25 ás 12 horas os tres primeiros premios do concurso de debuxo “Ponteareas con ollos de nenas e nenos”.

No salón de plenos, a concelleira Cristina Fernández entregará a Gustavo Alves de Oliveira, Daniela Otero Rial e Noel de Lorenzo Sío, alumnos do CPR Santiago Apóstol, os premios deste concurso que pretende pór en valor ante a comunidade educativa, e máis concretamente ante o alumnado de Primaria e Secundaria, o contorno natural, paisaxístico e Patrimonial do Concello de Ponteareas.

Os participantes deixaron voar a súa imaxinación para plasmar creacións relacionadas co Patrimonio Municipal, a natureza e a paisaxe así como aqueles recunchos do Concello que o alumnado ten máis próximos e propón recuperar para o seu uso e desfrute.

Gustavo Alves, primeiro premiado, desfrutará dun concurso de debuxo intensivo e a segunda e o terceiro premiado obterán un vale de compra de material de debuxo e escolar.

ÚLTIMAS

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar que rexentaba en Vigo

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar...

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...