InicioCulturaO artista Depedro actuará o 15 de novembro no auditorio Mar...

O artista Depedro actuará o 15 de novembro no auditorio Mar de Vigo

Tras unha década de creación e unha traxectoria que lle levou a máis de 30 países en xiras polo cinco continentes, Depedro decidiu, en 2018, 'revisitar' algúns dos seus mellores temas, en compañía doutros artistas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cantante Jairo Zavala, coñecido artisticamente como Depedro, actuará o próximo 15 de novembro no auditorio Mar de Vigo da cidade olívica, ás 21,30 horas.

O artista recalará na cidade, no marco da súa xira ‘Todo vai saír ben’ e as entradas, a un prezo de entre 20 e 25 euros, xa están á venda en www.eventbrite.es.

Tras unha década de creación e unha traxectoria que lle levou a máis de 30 países en xiras polo cinco continentes, Depedro decidiu, en 2018, ‘revisitar’ algúns dos seus mellores temas, en compañía doutros artistas.

O resultado foi o disco ‘Todo va a salir bien”, no que participaron importantes nomes da escena musical española, como Vetusta Morla, Luz Casal ou Coque Malla. No concerto de Vigo, por tanto, poderán escoitarse algunhas das cancións máis coñecidas deste artista.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...