InicioEconomíaCaballero confirma que Vigo terá "en tempo e forma" o decimoterceiro orzamento...

Caballero confirma que Vigo terá “en tempo e forma” o decimoterceiro orzamento consecutivo

Abel Caballero expresou a súa confianza en poder aumentar o nivel de investimento, ademais de que Vigo será a primeira das grandes cidades de España en remitir as liñas básicas do documento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este xoves que o orzamento de 2020, o 13º consecutivo desde que chegou á Alcaldía, aprobarase “en tempo e forma”, e expresou a súa confianza en poder aumentar o nivel de investimento.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico sinalou que o Concello de Vigo será o primeiro das grandes cidades de España en remitir ao Ministerio de Facenda as liñas básicas dese documento, nun marco de estabilidade orzamentaria, cumprimento da regra de gasto e sen débeda.

Caballero sinalou que as contas municipais para o ano que vén poden crecer ata un 2,8%, tendo como referencia a taxa de crecemento do PIB, e avanzou que se incrementarán as partidas de gasto de persoal (un 2,6 % máis) e o gasto corrente (un 2,8 %).

Así mesmo, estimou que os investimentos suporán entre un 12 e un 14% dos fondos municipais, e expresou a súa confianza en poder mesmo aumentalas con respecto ao exercicio en vigor. A ese respecto, subliñou que as novas dotacións e infraecturas realizadas con cargo aos investimentos implican un mantemento, e ese gasto de mantemento “tamén é investimento”.

Con respecto aos ingresos, Abel Caballero insistiu en que a “actualización” de taxas e impostos municipais, que soben nun 2,5 %, supón, en realidade, que “a presión fiscal diminúe”, porque a subida está por baixo do incremento do IPC.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...