InicioMovementos SociaisVÍDEO: “Mañán haberá un morto en Vigo e será a súa responsabilidade”

VÍDEO: “Mañán haberá un morto en Vigo e será a súa responsabilidade”

Integrantes da Acampada contra a Pobreza de Vigo interrompen o pleno de Vigo para denunciar a situación de vulnerabilidade na que se atopan algúns dos seus integrantes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Varios integrantes da Acampada contra a Pobreza de Vigo protagonizaron este martes un tenso enfrontamento co rexedor vigués, Abel Caballero, sobre a situación na que se atopa este colectivo, que leva acampado diante do concello desde hai máis de dous anos e medio.

“Mañán haberá un morto en Vigo e será a súa responsabilidade”, espetoulle o portavoz deste colectivo, Juan Miguel Carollo, ao rexedor que lle pediu en inmuerables ocasións que gardara silencio ou que o ía desaloxar. Finalmente, non foi necesario.

Os integrantes da Acampada contra a Pobreza que estaban no pleno decidiron marchar con duras críticas aos integrantes do goberno municipal e tamén á oposición. “Pídolle a vostede e tamén a oposición que fagan algo para evitar esta morte”, destacou ao tempo que lembrou que hai unha persoa que se atopa en “arresto domiciliario”.

Esta é a secuencia do tenso enfrontamento captado por Xornal de Vigo:

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...