InicioVigo e contornaVigoO equipo EVAP de Policía Local de Vigo atendeu en 2018 a...

O equipo EVAP de Policía Local de Vigo atendeu en 2018 a 141 vítimas de violencia de xénero

Respecto ás vítimas, o 36 % teñen entre 30 e 39 anos de idade, mentres que o 31 % son mulleres entre 20 e 29 anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Equipo de Vixilancia e Apoio Policial (EVAP) da Policía Local de Vigo atendeu, en 2018, a 141 mulleres vítimas de violencia de xénero e, desde que está en funcionamento (2006), prestou asistencia a case 1.500 vítimas. Así o trasladou este xoves en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, quen sinalou que, nos últimos 12 anos, este EVAP xestionou máis de 3.000 ordes de afastamento.

En 2018, estes axentes da Policía Local protexeron a unha media de 162 vítimas, realizaron 591 oficios xudiciais sobre control e xestionou 26 quebrantamentos. Con respecto ás vítimas, o 36 % teñen entre 30 e 39 anos de idade, mentres que o 31 % son mulleres entre 20 e 29 anos, e un 20 % de entre 40 e 49 anos de idade.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...