InicioSucesosDetido en Vigo un mozo ao que buscaba a Interpol por homicidio

Detido en Vigo un mozo ao que buscaba a Interpol por homicidio

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional a home de 24 anos, de nacionalidade venezolana e con domicilio en Vigo, sobre o que pesaba unha orde internacional de detención da Interpol por homicidio doloso no seu país de orixe.

Segundo informou a Policía este mércores nun comunicado, a detención produciuse ao mediodía na zona de atención ao público da propia comisaría, onde o detido acudira a realizar un trámite administrativo.

A Brigada de Estranxeiría e Fronteiras iniciou unha investigación a principios de mes tras detectar a posible presenza en Vigo dun home responsable dunha morte en Venezuela. O control e seguimento dos seus achegados e coñecidos permitiu localizalo e descubrir que tiña pendente a realización dun trámite documental en dependencias policiais para a mañá de onte martes.

En consecuencia, a Policía elaborou un complexo dispositivo para detelo cando chegase a Comisaría e habilitouse unha área separada na zona de atención ao público. Á súa chegada, dous axentes de paisano estaban a esperalo e cando sentou na sala procederon ao seu arresto e posterior toma de declaración.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...