InicioSociedadeVigo, das cidades máis afectadas en Galicia pola folga de Renfe

Vigo, das cidades máis afectadas en Galicia pola folga de Renfe

Varios trens serán cancelados nunha xornada con moito tránsito de viaxeiros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A protesta convocada polo sindicato SFF-CXT entre as 12,00 e as 16,00 horas e de 20,00 a 0,00 horas prevista para este mércores 14 de agosto afectará a un total de 32 trens. Renfe estableceu uns servizos mínimos do 68% na media distancia de Galicia, co que a folga se materializará na supresión de 20 trens de media distancia e seis de longa distancia.

Tamén quedarán suprimidos os trens Galicia-Euskadi, o tren hotel que conecta Galicia e Madrid e os internacionais Vigo-O Porto-Vigo da tarde.

En concreto, segundo informa a central nun comunicado, serán unha vintena de trens con percorrido dentro da comunidade, como o Vigo-Urzaiz-A Coruña das 11,15 horas e o Santiago-Vigo-Guixar das 22,00 horas.

Tamén afectados veranse 10 trens de longo percorrido, entre eles un Vigo Guixar-Porto e un Madrid-A Coruña, e outros dous trens con percorrido xa o día 15 de agosto (Monforte-Pontevedra e A Coruña-Ferrol).

Así, continuarán os paros, despois de que CXT remitise unha carta ao Ministerio de Fomento na que solicita a súa intervención no conflito. “O que estamos a pedir é un aumento do nivel de contratación atendendo á falta de persoal existente, que está a repercutir negativamente no servizo”, lembra a organización.

En concreto, refire carencias en condución, intervención, venda de billetes, mantemento de trens e administración e xestión. De non chegar a un acordo, CXT continuará con paros o 30 de agosto e o 1 de setembro.

ÚLTIMAS

A Xunta mobiliza buques, drones e empresas de limpeza tras unha gran mancha de graxa de palma no Porto de Vigo

A Xunta de Galicia activou á primeira hora da tarde o Plan Territorial de...

Novas mobilizacións en centros de Vigo: “a educación é un dereito e non máis recortes”

Membros da comunidade escolar do CEIP A Paz Tintureira de Vigo concentráronse este xoves...

Seguen as críticas cruzadas para que Balaídos sexa sede no Mundial de fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este xoves á Xunta e á Deputación...

Caballero ironiza sobre as vivendas da Xunta en Vigo: “Fan máis visitas que pisos constrúen”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ironizou este xoves sobre a nova visita da...