InicioSucesosDetido un home por querer apuñalar aos porteiros na zona de Areal

Detido un home por querer apuñalar aos porteiros na zona de Areal

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 41 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia doméstica, por agredir á súa irmá no transcurso dunha rifa por unha leira familiar.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, R.E.D., natural de Colombia e de 23 anos de idade, como presunto autor do intento de apuñalamento a dous porteiros de locais de copas.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na madrugada do pasado sábado, cando o 092 recibiu un aviso urxente sobre a presenza dun mozo que ameazaba con agredir aos porteiros dunha discoteca na zona de Areal.

Cando os axentes chegaron, comprobaron que un grupo de mozos fuxía do lugar á carreira, e viron na porta de acceso do local a un mozo cun puñal na man, lanzándoo cara a adiante, e gritando ameazas de morte. Os Policías tentaron facer entrar en razón ao mozo, que non desistía da súa actitude, o que obrigou aos funcionarios a desenfundar as súas armas regulamentarias como método disuasorio. Finalmente, o sospeitoso tirou a arma e foi reducido.

Segundo as testemuñas aos que interrogaron, o mozo pretendía entrar nun local pero o porteiro impediullo, debido ao estado que presentaba. Nese momento, o mozo sacou o coitelo dunha bandoleira que levaba e tentou apuñalar ao traballador do local, que puido esquivar o ataque e refuxiarse no interior da discoteca.

O porteiro do local de á beira, ao ver que a xente fuxía gritando de alí, achegouse. Cando comprobou o que pasaba, tentou tranquilizar ao novo pero este abalanzouse cara a el e tamén tentou apuñalalo. Mentres este segundo porteiro logrou porse a salvo, o sospeitoso arremeteu contra a porta do local co coitelo, causando danos na mesma, ata que chegaron os axentes policiais e detivérono.

LIORTA FAMILIAR

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, M.C., de 41 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia doméstica, por agredir á súa irmá no transcurso dunha rifa por unha leira familiar.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde do pasado venres, cando un particular chamou á Policía porque se estaba producindo unha agresión nun domicilio da parroquia de Beade.

Cando chegaron ao lugar os axentes, un home relatoulles que mantivera unha discusión co seu primo, que se presentou na súa casa xunto coa súa filla menor, e increpouno polo uso que se estaba facendo dunha vivenda que hai na leira familiar (non estaba de acordo con que se alugue dita vivenda).

Este home comezou a elevar o seu ton e a súa agresividade, e a golpear os mobles da casa do seu primo. Alarmada polo ruído, presentouse alí a irmá, quen lle recriminou a súa actitude e, ao ver que o home estaba fóra de si, refuxiouse nunha habitación para chamar á Policía.

Ao ver isto, o agora detido foi á habitación e golpeou á irmá, agarrouna polo pescozo e propinoulle varias puñadas, á vez que a ameazaba de morte. Finalmente, o outro home (primo do detido) logrou interporse, e o agresor abandonou o lugar coa súa filla, que fora testemuña dos feitos e choraba desconsoladamente.

Os axentes localizaron ao sospeitoso no seu domicilio e este recoñeceu os feitos. Mentres, a muller agredida foi trasladada a un centro médico, e expresou a súa vontade de interpor denuncia. O detido xa fora arrestado na primeira semana de agosto polas mesmas causas.

 

ÚLTIMAS

Unha sentenza recoñece un exceso de horas traballadas dos bombeiros de Vigo e obriga ao Concello a compensalas

Unha sentenza firme do xulgado do contencioso administrativo número 1 de Vigo obriga ao Concello...

Traballadores de ambulancias de Vigo, Cangas e Moaña: “Á Xunta só lle interesa prestar un servizo o máis barato posible”

Traballadores da empresa Ambulancias do Atlántico, concesionaria do servizo de transporte sanitario e urxente en...

O Concello de Vigo fala de decisión técnica sobre a paralización da talla da Falperra e non de presión veciñal

O Concello de Vigo remitiu este xoves un comunicado aos medios no que asegura...

Un home resulta ferido grave ao botarse desde un cuarto piso en Vigo

Efectivos do 061 trasladaron a un home que resultou ferido grave tras precipitarse desde...