InicioVigo en FotosVídeos e fotos: verán sen verán en Vigo

Vídeos e fotos: verán sen verán en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Anda o tempo revolto en Galicia, nun verán atípico, máis fresco do normal e con importantes choivas que están impedindo gozar da estación estival.

Aínda que Vigo é unha das zonas menos afectadas polo temporal que golpeu Galicia onte e nas primeiras horas de hoxe, a cidade non escapou das inclemencias meteorolóxicas, cunhas xornadas que semellan máis típicas da primavera ou do outono que do mes de agosto no que nos atopamos.

Paraugas e chuvasqueiros, no canto de bañadores e toallas, predominaron nas zonas de praias da cidade, mentres algúns surfistas aproveitaban a forte ondada para practicar este deporte. O temporal mesmo impediu aos turistas atravesar o dique das Cíes.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...