InicioPolíticaMarea de Vigo denuncia falta de participación cidadá nos proxectos, tal como...

Marea de Vigo denuncia falta de participación cidadá nos proxectos, tal como obriga a UE

A obrigación de fomentar a participación cidadá e dos axentes sociais é un dos requisitos recollidos nos fondos europeos DUSI. Segundo o grupo municipal, incúmprese.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo-Son denunciou este martes o “incumprimento grave” dos requisitos recollidos nos fondos europeos DUSI por parte do goberno municipal, ao obviar a obrigación de fomentar a participación cidadá e dos axentes sociais nas devanditas iniciativas.

Así, este grupo fixo referencia ás dúas grandes obras previstas en Vigo con cargo a estes fondos, a reforma de Gran Vía e o soterramento do tráfico na Porta do Sol, e sinalou que as críticas dos veciños pon de manifesto que se incumpriu ese requisito.

Segundo sinalou o portavoz do grupo, Rubén Pérez, a participación cidadá “debe estar presente no proceso de redacción dos proxectos, no seu seguimento e mesmo na avaliación do cumprimento dos obxectivos marcados”, algo “inexistente” nas actuacións do goberno municipal de Abel Caballero incluídas no programa ‘Vigo Vertical’.

Marea de Vigo criticou que os proxectos non foron presentados ao tecido veciñal nin a comerciantes, nin se estableceron os mecanismos de participación e información que a propia UE marca: “actividades e actos públicos para o lanzamento do proxecto concreto, con asistencia aberta e difusión dos proxectos entre os axentes sociais que poden ser afectados”.

Ademais, engadiu Rubén Pérez, o propio proxecto ‘Vigo Vertical’ recolle que durante a execución das actuacións se terá en conta a opinión dos cidadáns, e crearase un comité de participación que se reunirá periodicamente, algo que non se cumpriu.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...