InicioSucesosIngresa en prisión Sinaí Giménez, o "rei dos xitanos" que chegou a...

Ingresa en prisión Sinaí Giménez, o “rei dos xitanos” que chegou a presentarse ás eleccións

A sentenza é de dous anos e nove meses por ameazas a outro clan xitano no ano 2015.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xefe dos morones e coñecido como “rei dos xitanos”, Sinaí Giménez, entrou a noite deste venres na prisión de Pereiro de Aguiar para cumprir a condena imposta polo Xulgado do Penal 3 de Vigo por ameazas contra outro clan xitano, o dos zamoranos, no mercadillo de Redondela en novembro de 2015, segundo informaron a Europa Press fontes da Delegación do Goberno.

A sentenza, de dous anos e nove meses e cárcere, foi ditada hai máis dun ano, pero os recursos frearan ata agora a execución da pena. O Goberno denegoulle o indulto e a maxistrada do Penal 3 de Vigo considera esgotada a vía xudicial. A xuíza ordenara o mércores que se non entraba voluntariamente nun centro penal no prazo de 48 horas ordenaríase a súa procura e detención para entrar en prisión.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...