InicioPolítica"Ciudadanos vaille facer pupa ao PP en Vigo"

“Ciudadanos vaille facer pupa ao PP en Vigo”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O partido de Albert Rivera acaba de facer unha gran fichaxe en Vigo, o ex conselleiro de Industria, Javier Guerra. Unha fichaxe que pode facerlle dano ao Partido Popular nesta cidade. O obxectivo desta formación é entrar no consistorio vigués e tentar converterse en lídederes da oposición e ser a referencia do centro-dereita na cidade.

Nas pasadas municipais quedou fóra do consistorio municipal. Obtivo só 5.000 votos. Uns votos que case se cuadriplicaron nas xerais do 2016 e que, de repetirse, outorgaríanlle tres concelleiros na cidade olívica. Precisamente, a “onda de éxito” coa que se move o partido de Rivera foi o que motivou a Guerra ao volver á política, desta volta, da man de Ciudadanos. Iso, e a posibilidade de danar as expectativas electorais do PP en Vigo.

Unha fichaxe que non sorprendeu no Partido Popular porque o seu nome levaba barallandose desde hai meses. Pero si molestaron as formas, porque Guerra marchou do PP con máis militantes para fichar por Cs.

Javier Guerra xura como conselleiro de Industria en presencia de Feijóo / xunta.gal

Segundo as fontes consultadas por XdV, Guerra acabou aceptando a proposta de Cs, aínda que non a fixo oficial, porque boa parte das súas esixencias foron aceptadas; a máis importante, montar o seu propio equipo e ter certa poder de decisión dentro de Ciudadanos en Vigo. É dicir, que o partido de Rivera case que lle deu un cheque en branco para tentar que este partido se converta nun referente político na cidade. De feito, acompañan a Guerra na súa nova aventura en Ciudadanos medio cento de militantes populares que xa se terían dado de baixa. Era o que se coñecs como o “sector crítico” do PP de Vigo e que agora serán os fieis de Guerra en Ciudadanos.

“FACER PUPA” AO PP

“Guerra vaille facer pupa ao PP”, apuntan as fontes consultadas. De feito, o ex conselleiro levaba anos coa intención de devolverlle ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, o que considera unha afrenta contra el ao ser apartado da Xunta, primeiro, e do partido en Vigo despois, por terse enfrontado directamente co líder do PP galego.

De feito, no entorno de Guerra mesmo están convencidos de que poden superar en votos a Elena Muñoz, a candidata de Feijóo en Vigo, e coa que loitou por facerse coa secretaría local do PP vigués. “Hai moito cabreado dentro do PP de Vigo e iso quere aproveitalo Javier”, apuntan estas fontes que agardan que haberá outros dirixentes e cargos populares que poden acabar na candidatura de Guerra.

O presidente galego xa ten apuntado en diversas ocasións, ao ser preguntado pola posible volta de Guerra á política, que “non suporá ningún problema para o PP”. Con todo, a crise do PP a nivel estatal e as boas perspectivas electorais de Ciudadanos poden supoñer un serio problema para as aspiracións populares en Vigo.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...