InicioSucesosViguesa "exemplar" atopa un sobre cheo de diñeiro e entrégallo á Policía...

Viguesa “exemplar” atopa un sobre cheo de diñeiro e entrégallo á Policía Local

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha veciña de Vigo entregou á Policía Local un sobre con diñeiro que atopou cando practicaba unha actividade deportiva ao aire libre na cidade olívica.

Segundo informou a Policía Local, o pasado 7 de xullo unha veciña de Vigo de 47 anos cando realizaba unha actividade deportiva ao aire libre observou “algo tirado no chan” na zona do seu percorrido. “A sorpresa foi cando decidiu recollelo e comprobar que era un sobre en cuxo interior había unha suma de diñeiro”, relataron as mesmas fontes.

A muller chamou á Policía Local de Vigo para facer entrega deste sobre, “mostrando unha conduta do todo punto exemplar”, valoraron as mesmas fontes, que engadiron que se “están realizando xestións para a localización do propietario deste diñeiro” co fin de devolverllo.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...