InicioCulturaA xira europea de Gilberto Gil recalará en Vigo o 16 de...

A xira europea de Gilberto Gil recalará en Vigo o 16 de xullo

O concerto será no Auditorio Mar de Vigo e é a única parada que fará no Estado coa excepción de Barcelona.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Gilberto Gil ofrecerá un concerto o 16 de xullo en Vigo. Esta actuación está dentro do marco da súa xira europea que comeza esta semana e na que estará en vinte paradas entre as que destacan cidades como Berlín, Copenhague ou Lisboa. O espectáculo celebrarase no Auditorio Mar de Vigo no que será o único concerto no Estado, a excepción de Barcelona, do músico brasileiro.

O artista, símbolo da música popular do seu país, presentará o seu novo disco “Ok ok ok” co que regresa tras unha convalecencia que ameazou a súa vida. Gil, que foi ministro de Cultura no seu país no equipo de Lula da Silva entre 2002 e 2008, fala no seu novo traballo sobre temas como a familia, as amizades, a vellez ou a enfermidade, pero tamén contra as patrullas ideolóxicas. O brasileiro afronta o primeiro álbum da súa vellez sen medo: Nin a vida nin a morte.

No seu directo estará acompañado por Roberta Sá, unha das bandas máis importantes do Brasil contemporáneo que interpretará a nova idea melódica de Gil, que integra todos aspectos do cotián como ven sendo habitual na súa obra nos seus máis de cincuenta anos de carreira con 60 discos publicados.

<iframe width=”560″ height=”315″ src=”https://www.youtube.com/embed/V6kTUpRoRHQ” frameborder=”0″ allow=”accelerometer; autoplay; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture” allowfullscreen></iframe>

 

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...